in english | en espanhol Bald auch auf deutsch


Alberto Cribeiro


E que demo fago eu en Alemania?

O meu traballo

Son un estudiante de doutorado que traballa no grupo de teoria do GSI. O meu campo e Estructura Nuclear, e usamos un modelo chamado Fermionic Molecular Dynamics.

Ponhendome ao dia

Logo dun ano aqui, escribin un traballo equivalente a unha tesinha que a universidade alemana precisaba para face-la equivalencia de estudios:

(arquivo pdf)(arquivo ps) a minha tesinha

Este traballo resumese nunha charla curta que din en Tuebingen, enmarcada no encontro de Primavera da asociacion alemana de fisicos (DPG) da rama de Nucleos e Hadrons:

(arquivo pdf)(arquivo ps) transparencias da minha charla no DPG

A minha tese

Dirixido polo Prof. Dr. H. Feldmeier, embarqueime no calculo de resonancias no modelo many-body do grupo. A idea era desenvolver un metodo para defini-la distancia relativa entre os dous fragmentos no problema completamente antisimetrizado, e usar este co gallo de formula-las condicions de fronteira axeitadas para o estado resonante. Estas condicions son logo implementadas dun xeito elegante na ecuacion de Schroedinger para o problema de moitos corpos, obtendo unha ecuacion de autovalores modificada (con elementos de matriz modificados) de tal xeito que conten as condicions de fronteira. Logo dun tempo extendin o metodo para calcular tamen estados de scattering, coa fin de describir colisions elasticas.

Os tres anos e medio resultaron nunha tese doutoral na cal desenvolvin estas ideas nun modelo esquematico e finalmente as apliquei a un sistema de moitos corpos cunha interaccion realista. Comprobei a validez do metodo e despois obtiven os primeiros resultados en FMD para os distintos comportamentos asimptoticos. Botalle un ollo!

(arquivo pdf)(arquivo ps) a minha tese doutoral

Lin a tese de doutorado na Universidade Tecnica de Darmstadt. A primeira parte da mesma e unha charla de 20 min:

(arquivo pdf)(arquivo ps) transparencias da lectura da tese

Durante as minhas vacacions en Colombia, aproveitei a oportunidade de dar un seminario na Universidade Nacional de Bogota:

(pdf format)(ps format) charla en Bogota (soamente en espanhol)

O credito polas bonitas figuras 3D representando densidades intrinsicas vai para Thomas Neff, de quen as tomei prestadas, asi como unha transparencia completa. Noi hai necesidade de refacer algo cando non hai nada que mellorar!

E como foi que rematei aco?

No ano 2001 concederanme unha beca para o programa de veran do GSI (Darmstadt, Alemania, por se non vos decatastes). Pasei dous meses xeniais, conhecendo outras culturas e facendo amigos. No ambito academico escribin o meu primeiro artigo pseudo-cientifico:

(arquivo pdf)(arquivo ps) o meu artigo do programa de veran

Ata din unha charla, que din que gustou moito:

(arquivo pdf)(arquivo ps) a minha charla do programa de veran O programinha tivo tamen outras implicacions noutros aspectos da minha vida, e asi de tarado rematei...


Contacto

GSI/THE 3.162
Planckstraße 1
D-64291 Darmstadt

Phone: +49-6159-71-2755

Fax:Telefax: +49-6159-71-2990

Email: A.Cribeiro@gsi.de


Amigos e festas

Galeria de fotos escollidas aqui


Fisicos tolos...

Teorico tinha que ser... A Fisica como hobby! Computacion Cuantica



Alberto Cribeiro
Last updated: March 28th, 2003
Last modified: Mon Aug 22 12:11:28 CEST 2005